domingo, 26 de abril de 2020

Actividade física na casa 2


Ola de novo
Que tal seguides? Espero que ben.

Comprastes os globos que vos suxerín a semana pasada?
En caso afirmativo xa podedes xogar e en caso negativo podedes ir mercalos.

Esta semana, do 27 de abril ao 1 de maio, as actividades son para Infantil e Primaria.

A ver se vos gustan (premede no seguinte enlace). 

Xogos con globos

Outros xogos con globos e competición na casa:

  • Darlle toques con un pé, co outro, alternando.
  • Quen o mantén máis tempo no aire dándolle toques coas mans?.
  • Con dous globos cada un, quen os mantén máis tempo no aire golpeádoos con calquera parte do corpo?.
  • Atade un globo a cada pé, a ver quen rompe máis pisandollos aos outros.
  • Decorade os globos con distintas caras según distintos estados de ánimo.

Podedes vós inventar outros xogos con globos.

Recordade que podedes ver na TVG LUGO de 12:45 a 13:14 o programa "En forma na casa" que teñen exercicios moi interesantes para mover todo o corpo.

Espero que comades san, que bebades auga e que vos movades.

Ata a vindeira semana.Se podedes comprade goma delgada e bastantes metros para facer un laberinto.


domingo, 19 de abril de 2020

Actividade física na casa

Ola rapazas, rapaces, mamás, papás:

Téñovos moi abandonados e levo moito tempo sen saudarvos, pero aquí estou.
Xa me tarda vervos e que poidades xogar no patio, no pavillón do cole, falar, corretear de arriba para abaixo...
Espero que vós esteades ben e as vosas familias tamén.

A partir de agora vou proporvos algunhas actividades para que vaiades facendo en períodos de 15 minutos, polo menos, varias veces ao día.

A OMS recomenda:
  • Un mínimo de 60 minutos diarios de actividade física.
  • A actividade física superior a ese tempo reportará un beneficio aínda maior para a saúde.
  • A actividade física debería ser andar, correr, nadar, andar en bici, practicar algún deporte...    Deste punto temos que acordarnos cando volvamos a sair á rúa.
  •  Tres veces por semana deberiamos incorporar actividades vigorosas para fortalecer os músculos e ósos. 
 Para a semana do 20 ao 24 de abril propóñovos as seguintes actividades:

Educación Primaria e tamén Infantil 
  • Decalzarvos, buscar un espazo medianamente libre na casa e que non haxa lámpadas coas que poidades enganchar.
  • Mirade pola casa a ver se tedes algunha cordiña, bufanda larga ou curtas para podelas atar ou outro material que se vos axeite.
  • Saltar á comba: dous dan e un salta, cos dous pés, á pata coxa, facer recorridiños, cantar algunha canción desas que sabedes ou preguntade por outras...
  • Recopilar chapas de refrescos ou cervexas e xogar con elas. Podedes marcar recorridos e competir entre vós. tamén podedes xogar a encanastrar con elas.
  • Ver na TVG LUGO de 12:45 a 13:14 o programa "En forma na casa" que teñen exercicios moi interesantes para mover todo o corpo.
Educación Infantil e tamén Primaria 

  • Podedes descalzarvos.
  • Marcar un recorrido polo piso.
  • Saltar cos dous pés xuntos, á pata coxa, alternando...
  • Gatear.
  • Arrastrarse.
  • Facer muecas, señas, rir
  • Por música e bailar.
  • Ver o seguinte video e realizar as actividades. 





Bicos e apertas para todos.

Ata a vindeira semana e, se podedes, comprade globos.

Comede san, bebede auga e movédevos.