Semana do 15 ao 19 de xuño
Ola chicos, chicas, familias:
Noraboa superheroínas e superheroes por ser fortes e loitar man a man nesta longa batalla.
Despois deste longo período intentando facervos o máis ameno e didático posible este "Estado de alarma", toca por fin a esta peculiar etapa.
A partir do luns xa podedes disfrutar da "Nova normalidade", con sentidiño, responsabilidade e cumprindo as normas recomendadas.
Porén, para esta última semana de curso, non vos vou suxerir ningún video de actividade física porque xa podedes disfrutar do xogo libre, sin limitacións, no exterior. Tedes suficientes no blog, sobre todo as dos retos.
Podemos rematar coa construcción dalgún avión que vos permita sobrevoar un verán cheo de aventuras e diversión coa familia e amigos.
Comede san, bebede auga, xogade moito e ide á praia.
Deséxovos un bo verán, moito ánimo, cumpride as normas e vémonos en setembro.
Apertas, bicos mil e ata setembro.😘😘😘😘😘😘
Máis taller de avións
domingo, 14 de junio de 2020
viernes, 12 de junio de 2020
"Oca deportiva"
Bo día
Aí vos vai a "Oca deportiva" de Lidia Vázquez Rodríguez, de 2º de Primaria.
Gárdaa para setembro.
Aí vos vai a "Oca deportiva" de Lidia Vázquez Rodríguez, de 2º de Primaria.
Gárdaa para setembro.
domingo, 7 de junio de 2020
Actividade física na casa 8
Semana do 8 ao 12 de xuño
Ola rapazas, rapaces e familias, que tal seguides? Supoño que ben.
Empeza unha nova semana e unha especial fase do desconfinamento, xa podedes saír con liberdade horaria e xogar ao que vos pete, pero seguide cumprindo as normas de seguridade, porfa.
Ahora xa non son necesarias as miñas suxerencias de actividades físicas, nin recordarvos o que podedes facer ou non.
Cando saiades levade para xogar o que vos apeteza.
Así e todo, podedes escribir ou debuxar sobre as vosas sensacións ao poder disfrutar libremente das actividades ao aire libre.
Verémos os vosos relatos e/ou debuxos para setembro.
Algunha suxerencia para entretervos algún ratiño esta semana:
Só necesitades folio, ceras e lápis.
https://youtu.be/2t1Np_QAc5A
Se o facedes, acordádevos de conservalo.
E un video de exercicios:
Por esta semana nada máis.
Comede san, bebede auga e movédevos con certa frecuencia.
Bicos mil e ata a vindeira semana.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)