Semana do 15 ao 19 de xuño
Ola chicos, chicas, familias:
Noraboa superheroínas e superheroes por ser fortes e loitar man a man nesta longa batalla.
Despois deste longo período intentando facervos o máis ameno e didático posible este "Estado de alarma", toca por fin a esta peculiar etapa.
A partir do luns xa podedes disfrutar da "Nova normalidade", con sentidiño, responsabilidade e cumprindo as normas recomendadas.
Porén, para esta última semana de curso, non vos vou suxerir ningún video de actividade física porque xa podedes disfrutar do xogo libre, sin limitacións, no exterior. Tedes suficientes no blog, sobre todo as dos retos.
Podemos rematar coa construcción dalgún avión que vos permita sobrevoar un verán cheo de aventuras e diversión coa familia e amigos.
Comede san, bebede auga, xogade moito e ide á praia.
Deséxovos un bo verán, moito ánimo, cumpride as normas e vémonos en setembro.
Apertas, bicos mil e ata setembro.😘😘😘😘😘😘
Máis taller de avións
Educación Física
domingo, 14 de junio de 2020
viernes, 12 de junio de 2020
"Oca deportiva"
Bo día
Aí vos vai a "Oca deportiva" de Lidia Vázquez Rodríguez, de 2º de Primaria.
Gárdaa para setembro.
Aí vos vai a "Oca deportiva" de Lidia Vázquez Rodríguez, de 2º de Primaria.
Gárdaa para setembro.
domingo, 7 de junio de 2020
Actividade física na casa 8
Semana do 8 ao 12 de xuño
Ola rapazas, rapaces e familias, que tal seguides? Supoño que ben.
Empeza unha nova semana e unha especial fase do desconfinamento, xa podedes saír con liberdade horaria e xogar ao que vos pete, pero seguide cumprindo as normas de seguridade, porfa.
Ahora xa non son necesarias as miñas suxerencias de actividades físicas, nin recordarvos o que podedes facer ou non.
Cando saiades levade para xogar o que vos apeteza.
Así e todo, podedes escribir ou debuxar sobre as vosas sensacións ao poder disfrutar libremente das actividades ao aire libre.
Verémos os vosos relatos e/ou debuxos para setembro.
Algunha suxerencia para entretervos algún ratiño esta semana:
Só necesitades folio, ceras e lápis.
https://youtu.be/2t1Np_QAc5A
Se o facedes, acordádevos de conservalo.
E un video de exercicios:
Por esta semana nada máis.
Comede san, bebede auga e movédevos con certa frecuencia.
Bicos mil e ata a vindeira semana.

domingo, 31 de mayo de 2020
Actividade física na casa 7
Semana do 1 ao 5 de xuño
Ola chicas, chicos, papás, mamás...
Que tal estades? Supoño que millor porque o tempo vai millorando e xa podedes facer múltiples actividades fóra.
Que facedes cando saídes, a parte de pasear coa familia? Sería interesante compartilo !!!!!!
RECORDAMOS
Esta semana o traballo vai ser un pouco artesanal e tamén familiar, coma sempre.
Vou proporvos unha "Oca deportiva" para que compoñades vós na casa e xoguedes.
Material necesario:
Exemplo da miña "Oca deportiva" artesá:
Ahora tedes que facer vós a vosa, os circulos tedes que rechealos con debuxos deportivos.
Regras de xogo:
Comede san, bebede auga e movédevos.
Ánimo, apertas, bicos mil e ata a vindeira semana.

- Estas actividades son para Infantil e Primaria, só tedes que reducir ou aumentar os tempos.
- Son de cooperación da unidade familiar.
- Podedes seleccionar as que vos gustaron de días anteriores.
- Son actividades para todos os días, non só para os de Educación Física, xa que vos debedes mover cada hora, polo menos 15 minutos.
- Cando saídes levades corda, goma, balón, pelota de brilé, peón ou canicas?.
- Xogades ao fútbol na praia ou ao voleibol praia?
Esta semana o traballo vai ser un pouco artesanal e tamén familiar, coma sempre.
Vou proporvos unha "Oca deportiva" para que compoñades vós na casa e xoguedes.
Material necesario:
- Folio ou cartolina
- Moeda de 2 euros
- Rotulador
- Lápis e ceras
- Dado e 6 pelotiñas feitas con follas de periódico.
Exemplo da miña "Oca deportiva" artesá:
Ahora tedes que facer vós a vosa, os circulos tedes que rechealos con debuxos deportivos.
Regras de xogo:
- A oca: ubicada cada cinco celdas. Dise "de oca a oca tócame tirar".
- Realizar 10 saltos e tocar palmas arriba.
- Coller o peón e lanzalo durante un minuto. De non telo, subirse ao sofá e saltar ao chan dando un xiro o máis completo posible. Repetir durante un minuto.
- Realizar 5 sentadiñas.
- Oca
- "De ponte a ponte vou nadando"😀😀
- Salto á comba durante 30 segundos ou simulo facelo.
- Andar 50 zancadas pola casa.
- E 33. Dado, avánzase ou retrocédese ao círculo co mesmo debuxo e vólvese tirar.
- Oca
- Ponte, "De ponte a ponte", vou subido nun flotador.
- Collo unha boliña de papel e golpéoa de man a man, durante un minuto. Se me cae sigoo intentando.
- O pozo, pérdense 2 turnos sin tirar.
- Saltar á pata coxa durante 30 segundos. Pódes cambiar de perna.
- Oca
- Retar a alguén da familia.
- Indiaca, elexir parella e pasarvos a bóla de papel golpeándoa con calquera man, durante 1 minuto.
- Saltar cos pés xuntos cara adiante e cara atrás, durante 30 segundos.
- Dar 5 volteretas.
- Oca
- Bailar o "zumba kids, Easy dance"
- Laberinto, retrocede á casiña 12.
- "Xeonllos arriba" durante 30 segundos.
- Raquetas de praia, non podemos xogar con elas. Entón fai a "estatua" ata que che toque tirar de novo.
- Oca
- Caveira, volve a empezar.
- Elixe parella, tumbados de frente boca abaixo, apoidos nas mans e nas dedas dar palmadas alternativas cunha e outra man.
- Pelota de tenis: colle unha boliña e pásaa ao redo das pernas facendo oitos, ao redor da cintura e ao redor do pescozo. Repetir durante un minuto.
- Elexir un reto da semana pasada e facelo.
- Oca
- Pelota de baloncesto, colle unha papeleira e as seis bólas, colócate a unha certa distancia da papeleira. A ver cantas canastras fas durante 1 minuto.
- Camiña durante 30 segundos cun libro na cabeza.
- Dado, volve ao anterior e volve tirar.
- Aguanta durante 5 segundos o pau da escoba en equilibrio na man.
- Oca.
- Colle unha chapa, fai o recorrido do pasillo ida e volta 5 veces.
- Saltos laterais cun coxín no medio, durante 30 segundos.
- Balón de fútbol, pon 5 obstáculos no pasillo e colle unha boliña de papel, pona no chan e vaina levando co pé entre os obstáculos. repíteo durante 30 segundos.
- Anda a 4 patas pola casa durante 30 segundos.
- PISCINA DE OCAS. FIN.Débese entrar nela co número exacto, do contrario retrocédense tantas casiñas como puntos sobren. Outra forma de chegar e se caes na oca do número 35.
Comede san, bebede auga e movédevos.
Ánimo, apertas, bicos mil e ata a vindeira semana.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)