Ola de novo
Que tal seguides? Espero que ben.
Que tal seguides? Espero que ben.
Comprastes os globos que vos suxerín a semana pasada?
En caso afirmativo xa podedes xogar e en caso negativo podedes ir mercalos.
Esta semana, do 27 de abril ao 1 de maio, as actividades son para Infantil e Primaria.
A ver se vos gustan (premede no seguinte enlace).
En caso afirmativo xa podedes xogar e en caso negativo podedes ir mercalos.
Esta semana, do 27 de abril ao 1 de maio, as actividades son para Infantil e Primaria.
A ver se vos gustan (premede no seguinte enlace).
Outros xogos con globos e competición na casa:
- Darlle toques con un pé, co outro, alternando.
- Quen o mantén máis tempo no aire dándolle toques coas mans?.
- Con dous globos cada un, quen os mantén máis tempo no aire golpeádoos con calquera parte do corpo?.
- Atade un globo a cada pé, a ver quen rompe máis pisandollos aos outros.
- Decorade os globos con distintas caras según distintos estados de ánimo.
Podedes vós inventar outros xogos con globos.
Recordade que podedes ver na TVG LUGO de 12:45 a 13:14 o programa "En forma na casa" que teñen exercicios moi interesantes para mover todo o corpo.
Espero que comades san, que bebades auga e que vos movades.
Ata a vindeira semana.Se podedes comprade goma delgada e bastantes metros para facer un laberinto.
Boas, vou probar a xogar ao hockey globo. Saúdos. Paula Campo López.
ResponderEliminar