domingo, 31 de mayo de 2020

Actividade física na casa 7

Semana do 1 ao 5 de xuño



Ola chicas, chicos, papás, mamás...

Que tal estades? Supoño que millor porque o tempo vai millorando e xa podedes facer múltiples actividades fóra.
Que facedes cando saídes, a parte de pasear coa familia? Sería interesante compartilo !!!!!!


 RECORDAMOS


  • Estas actividades son para Infantil e Primaria, só tedes que reducir ou aumentar os tempos.
  • Son de cooperación da unidade familiar.
  • Podedes seleccionar as que vos gustaron de días anteriores.
  • Son actividades para todos os días, non só para os de Educación Física, xa que vos debedes mover cada hora, polo menos 15 minutos.
  • Cando saídes levades corda, goma, balón, pelota de brilé, peón ou canicas?.
  • Xogades ao fútbol na praia ou ao voleibol praia?
PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA

Esta semana o traballo vai ser un pouco artesanal e tamén familiar, coma sempre.

Vou proporvos unha "Oca deportiva" para que compoñades vós na casa e xoguedes.

Material necesario:

  • Folio ou cartolina
  • Moeda de 2 euros
  • Rotulador
  • Lápis e ceras
  • Dado e 6 pelotiñas feitas con follas de periódico.

Exemplo da miña "Oca deportiva" artesá:



Ahora tedes que facer vós a vosa, os circulos tedes que rechealos con debuxos deportivos.


Regras de xogo:

  1.  A oca: ubicada cada cinco celdas. Dise "de oca a oca tócame tirar".
  2. Realizar 10 saltos e tocar palmas arriba.
  3. Coller o peón e lanzalo durante un minuto. De non telo, subirse ao sofá e saltar ao chan dando un xiro o máis completo posible. Repetir durante un minuto.
  4. Realizar 5 sentadiñas.
  5. Oca
  6. "De ponte a ponte vou nadando"😀😀
  7. Salto á comba durante 30 segundos ou simulo facelo.
  8. Andar 50 zancadas pola casa.
  9. E 33. Dado, avánzase ou retrocédese ao círculo co mesmo debuxo e vólvese tirar.
  10. Oca
  11. Ponte, "De ponte a ponte", vou subido nun flotador.
  12. Collo unha boliña de papel e golpéoa de man a man, durante un minuto. Se me cae sigoo intentando.
  13. O pozo, pérdense 2 turnos sin tirar.
  14. Saltar á pata coxa durante 30 segundos. Pódes cambiar de perna.
  15. Oca
  16. Retar a alguén da familia.
  17. Indiaca, elexir parella e pasarvos a bóla de papel golpeándoa con calquera man, durante 1 minuto. 
  18. Saltar cos pés xuntos cara adiante e cara atrás, durante 30 segundos.
  19. Dar 5 volteretas.
  20. Oca
  21. Bailar o "zumba kids, Easy dance"
  22. Laberinto, retrocede á casiña 12.
  23. "Xeonllos arriba" durante 30 segundos.
  24. Raquetas de praia, non podemos xogar con elas. Entón fai a "estatua" ata que che toque tirar de novo.
  25. Oca
  26. Caveira, volve a empezar.
  27. Elixe parella, tumbados de frente boca abaixo, apoidos nas mans e nas dedas dar palmadas alternativas cunha e outra man.
  28. Pelota de tenis: colle unha boliña e pásaa ao redo das pernas facendo oitos, ao redor da cintura e ao redor do pescozo. Repetir durante un minuto.
  29. Elexir un reto da semana pasada e facelo.
  30. Oca
  31. Pelota de baloncesto, colle unha papeleira e as seis bólas, colócate a unha certa distancia da papeleira. A ver cantas canastras fas durante 1 minuto.
  32. Camiña durante 30 segundos cun libro na cabeza.
  33. Dado, volve ao anterior e volve tirar.
  34. Aguanta durante 5 segundos o pau da escoba en equilibrio na man.
  35. Oca.
  36. Colle unha chapa, fai o recorrido do pasillo ida e volta 5 veces.
  37. Saltos laterais cun coxín no medio, durante 30 segundos.
  38. Balón de fútbol, pon 5 obstáculos no pasillo e colle unha boliña de papel, pona no chan e vaina levando co pé entre os obstáculos. repíteo durante 30 segundos.
  39. Anda a 4 patas pola casa durante 30 segundos.
  40. PISCINA DE OCAS. FIN.Débese entrar nela co número exacto, do contrario retrocédense tantas casiñas como puntos sobren. Outra forma de chegar e se caes na oca do número 35. 
Os que faigades a vosa "Oca deportiva", gustariame que a gadarades para expoñellas en setembro.                                                                            

Comede san, bebede auga e movédevos.

Ánimo, apertas, bicos mil e ata a vindeira semana.


domingo, 24 de mayo de 2020

Actividade física na casa 6


Semana do 25 ao 29 de maio

Ola de novo, como seguides? Espero que ben.
Progresando no desconfinamento coa fase 2 e unha pouca máis de liberdade. Ánimo
Ides correr con papá e/ou mamá?
Lestes o apartado que aparece á dereita da páxina "Come san e móvete"?.

RECORDADE:

  • Estas actividades son para Infantil e Primaria.
  • Son de cooperación da unidade familiar-
  • Podedes seleccionar as que vos apetezan de días anteriores.
  • Nas saídas podedes levar:
           🔻 Balón ou pelota blanda para partidiño na praia ou para millorar nos toques individuais.
           🔺 Pelota para xogar ao brilé.
           🔺 Corda ou/e goma.
           🔻 Peóns
           🔺 CANICAS, que me olvidara delas, e que papá, mamá ou avós saberán algún xogo.
           🔻 Chapas, para facer carreiriñas.
  • Debedes facer actividade física cada hora durante 15 minutos.                                                        

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA


Esta semana vai de retos entre a familia. A ver quen fai os millores tempos e máis acertos!!!!!!!



                                        


Nos comentarios podedes dicirnos cales vos van gustando máis.

Comede variado, bebede auga e movédevos.

Unha aperta, 😘😘😘 mil e ata a vindeira semana.





sábado, 23 de mayo de 2020

Fotos

Ola rapaces e rapazas
Facedes algunhas das actividades propostas?
Podedes contestar nos comentarios situados ao pé da publicación semanal.
Tamén podedes enviar opinións ao meu correo ou propor outras actividades que vos apeteza compartir coa xente.

Joaquín e Javier ---4º e 3º de Primaria, moi "fans" do peón



Pablo García Martínez---4º Primaria


CANCIÓNS DE GOMA

En la calle veinticuatro
ha habido un asesinato 
una vieja mata un gato
con la punta del zapato 
pobre vieja, pobre gato
pobre punta del zapato.


Don Melitón tenía tres gatos
Que les hacía bailar en tres platos
Y por las noches les daba turrón
¡Qué vivan los gatos de Don Melitón!


Arroz con leche me quiero casar
Con una muchacha de este lugar
Que sepa coser, que sepa planchar,
Que sepa la tabla de multiplicar.


CANCIÓNS DE CORDA

  • SOY LA REINA DE LOS MARES
Soy la reina de los mares 
y ustedes lo van a ver,
tiro mi pañuelo al suelo
y lo vuelvo a recoger. 
Pañuelito, pañuelito,
quien te pudiera tener,
guardadito en mi bolsillo 
como un pliego de papel. 
Como un pliego de papel, 
como un pliego de papel, 
pañuelito, pañuelito, 
quien te pudiera tener-

  • REY, REY
Rey, rey cantos anos vivirei 
que son pequeniño/a e non o sei.
Un, dous, tres…
Rei, rei, Cantos anos vivirei,
vinte e cinco, non o sei 
Un, dous, tres….
(Saltando ata que non poida máis ou se equivoque).

Graciñas



domingo, 17 de mayo de 2020

Actividade física na casa 5

Semana do 18 ao 22 de maio

Ola de novo, como estades? Espero que sigades ben e disfrutando desa hora no exterior.
Avecíñase unha semana de bo tempo, daquela apetecerá moito máis sair e xogar coas amizades que vos atopedes, botar un partidiño na praia ou mesmamente recoller cunchas.

RECORDADE:

  • Estas actividades son para Infantil e Primaria e o que debedes variar é o número de repeticións, a velocidade e a intensidade das mesmas.
  • Son de cooperación da unidade familiar.
  • Podedes seleccionar as que máis vos gustaron de días anteriores.
  • As actividades suxeridas son para todos os días da semana, xa que debedes facer exercicio cada hora e durante uns 15 minutos.
  • Cando saides podedes levar:
* Balón de fútbol para xogar individual, coa familia que vos acompaña ou para un partidiño cuns amigos gardando as distancias aconselladas.
* Pelota par xogar ao brilé, tamén gardando as distancias.
* Corda, goma... Se recopilades ou vos acordades dalgunha canción podedes enviarma para compartila no blog.

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA

  •  Ping pong na mesa da cociña. Se non tedes raquetas podedes facelas con cartón o máis duro posible ou pegando varios. Tamén vos serve de raqueta a sartén de fritir os ovos.😀😀😀😀

  • Acordástesvos dos peóns? Se non vos acordastes poñédevos a buscalos e a xogar con eles!!!!!. 
  • Un video de exercicios fáciles:

                                                

  •   Un video de ioga:

                                             
  • Acordádevos do programa da TVG "En forma na casa" de 12:45 a 13:15.
  •  Un video de zumba para rematar:
                                                               

Acordádevos de por música cando faigades as actividades.

Podedes enviarme algunha foto para compartir.

Comede san, bebede auga e movédevos.

Bicos mil 😘😘 e ata a vindeira semana.

sábado, 16 de mayo de 2020

Fotos


  
Ola, que tal vos foi a semana? Con mal tempo, pero podendo saír un pouquiño.

Aí vos van unhas fotos de actividade na praia de Joaquín e Javier:




 e a mariola de Andrea de 4º



domingo, 10 de mayo de 2020

Actividade física na casa 4

 Semana do 11 ao 15 de maio

Ola chicos, chicas e familias tamén:
Como estades? Espero que ben. Eu estou ben e con gañas de vervos.

Iniciamos unha semana máis de actividades propostas desde a miña casa  para a vosa. Seguro que vós tamén inventades os vosos propios circuítos e serán ben interesantes. Memorizádeos que para o novo curso podemos facelos nas clases.

Recordamos:
  •  Estas actividades son para Infantil e Primaria e que cada un vaia facendo según sexa capaz.
  • Estas propostas non son só para as  sesións de Educación Física semanais, senon para todas as franxas horarias de movemento en que precisedes delas.
  • Podedes seleccionar as que vos apetezan de días anteriores.
  • Podedes facelas todos os da unidade familiar.
Propostas para esta semana:

  • A mariola, recordades como se xogaba?. Podedes pintala ou facela con cinta no chan.                  
    Recollestes algunha pedriña nas vosa saídas? Se non tedes podedes xogar cunha chapa. Podedes xogar de dúas maneiras:
  1.  Lanzar a pedriña a un cadro, por orde, facer o recorrido a pata coxa e de volta recoller a pedriña, sen pousar o outro pé, e sair.
  2. Lanzar a pedriña a un cadro, por orde, e a pata coxa ir empurrándoa co pé que está no chan en recorrido de ida e volta.
  • Ioga para nenos - As posturas dos animais do mar.


                                                                    

  • Actividades variadas




                                                             

  • Un pouco de zumba?



                                                        
  • Recordade o programa da TVG de 12:45 a 13:15.
  • Non vos olvidedes da pelota e da corda cando saiades.
 Esta semana van cousas moi variadas, elexide o que máis vos guste.
Se vos apetece sacar algunha foto, podedes enviarmas.

Ata a vindeira semana e disfrutade a tope das saídas que a partir de ahora xa serán millores.

Comede san, bebede auga e movédevos.


domingo, 3 de mayo de 2020

Actividade física na casa 3

Ola de novo rapaces:
Iniciamos unha semana máis de confinamento, pero xa podedes sair unha horiña ao exterior.

Levades algo para xogar?

Algunhas suxerencias poden ser:
  • Balón para dar toques, pasalo con alguén ou xogar con el como vós ben sabedes.
  • Corda para saltar individual ou para saltar entre varios.
  • Patinete ou monopatín.
Recordade que tedes que manter as distancias de seguridade.

Suxerencias de actividades para a casa para todo o alumnado:

  • Se comprastes goma podedes facer un laberinto entre cadeiras  (poñédelles algo de peso xa que poden caer) para poder cruzar dun lado ao outro. Podedes competir entre vós, a ver quen o fai en menos tempo.  


  Outro exemplo de laberinto (pódese pegar con cinta adhesiva de carroceiro):




  • Podedes xogar con un trozo de goma entre dúas persoas entrelazándoa nos dedos.
  • Podedes levar a goma á rúa e xogar con ela. Preguntade e buscade maneiras e cancións.
  •  Se non comprastes goma, un video de Ioga

                                             

  • Cando vos despracedes pola casa podedes facelo levantando as rodillas hacia o peito e levantando os talóns hacia os glúteos.
  • Repetide circuitos de outros días que vos gustaran.

Facede exercicio cada pouco tempo.

Recordade ver o programa da TVG "En forma na casa" de 12:45 a 13:15 e facer os exercicios.

Nas vosas saídas recollede algunha pedriña plana que a vindeira semana pintaremos "unha mariola" no chan.

Comede san, bebede auga e movédevos.

Ata a vindeira semana, a ver se facedes algunha actividade e a ver se vos gustan.