domingo, 10 de mayo de 2020

Actividade física na casa 4

 Semana do 11 ao 15 de maio

Ola chicos, chicas e familias tamén:
Como estades? Espero que ben. Eu estou ben e con gañas de vervos.

Iniciamos unha semana máis de actividades propostas desde a miña casa  para a vosa. Seguro que vós tamén inventades os vosos propios circuítos e serán ben interesantes. Memorizádeos que para o novo curso podemos facelos nas clases.

Recordamos:
  •  Estas actividades son para Infantil e Primaria e que cada un vaia facendo según sexa capaz.
  • Estas propostas non son só para as  sesións de Educación Física semanais, senon para todas as franxas horarias de movemento en que precisedes delas.
  • Podedes seleccionar as que vos apetezan de días anteriores.
  • Podedes facelas todos os da unidade familiar.
Propostas para esta semana:

  • A mariola, recordades como se xogaba?. Podedes pintala ou facela con cinta no chan.                  
    Recollestes algunha pedriña nas vosa saídas? Se non tedes podedes xogar cunha chapa. Podedes xogar de dúas maneiras:
  1.  Lanzar a pedriña a un cadro, por orde, facer o recorrido a pata coxa e de volta recoller a pedriña, sen pousar o outro pé, e sair.
  2. Lanzar a pedriña a un cadro, por orde, e a pata coxa ir empurrándoa co pé que está no chan en recorrido de ida e volta.
  • Ioga para nenos - As posturas dos animais do mar.


                                                                    

  • Actividades variadas




                                                             

  • Un pouco de zumba?



                                                        
  • Recordade o programa da TVG de 12:45 a 13:15.
  • Non vos olvidedes da pelota e da corda cando saiades.
 Esta semana van cousas moi variadas, elexide o que máis vos guste.
Se vos apetece sacar algunha foto, podedes enviarmas.

Ata a vindeira semana e disfrutade a tope das saídas que a partir de ahora xa serán millores.

Comede san, bebede auga e movédevos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario