domingo, 31 de mayo de 2020

Actividade física na casa 7

Semana do 1 ao 5 de xuño



Ola chicas, chicos, papás, mamás...

Que tal estades? Supoño que millor porque o tempo vai millorando e xa podedes facer múltiples actividades fóra.
Que facedes cando saídes, a parte de pasear coa familia? Sería interesante compartilo !!!!!!


 RECORDAMOS


  • Estas actividades son para Infantil e Primaria, só tedes que reducir ou aumentar os tempos.
  • Son de cooperación da unidade familiar.
  • Podedes seleccionar as que vos gustaron de días anteriores.
  • Son actividades para todos os días, non só para os de Educación Física, xa que vos debedes mover cada hora, polo menos 15 minutos.
  • Cando saídes levades corda, goma, balón, pelota de brilé, peón ou canicas?.
  • Xogades ao fútbol na praia ou ao voleibol praia?
PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA

Esta semana o traballo vai ser un pouco artesanal e tamén familiar, coma sempre.

Vou proporvos unha "Oca deportiva" para que compoñades vós na casa e xoguedes.

Material necesario:

  • Folio ou cartolina
  • Moeda de 2 euros
  • Rotulador
  • Lápis e ceras
  • Dado e 6 pelotiñas feitas con follas de periódico.

Exemplo da miña "Oca deportiva" artesá:



Ahora tedes que facer vós a vosa, os circulos tedes que rechealos con debuxos deportivos.


Regras de xogo:

  1.  A oca: ubicada cada cinco celdas. Dise "de oca a oca tócame tirar".
  2. Realizar 10 saltos e tocar palmas arriba.
  3. Coller o peón e lanzalo durante un minuto. De non telo, subirse ao sofá e saltar ao chan dando un xiro o máis completo posible. Repetir durante un minuto.
  4. Realizar 5 sentadiñas.
  5. Oca
  6. "De ponte a ponte vou nadando"😀😀
  7. Salto á comba durante 30 segundos ou simulo facelo.
  8. Andar 50 zancadas pola casa.
  9. E 33. Dado, avánzase ou retrocédese ao círculo co mesmo debuxo e vólvese tirar.
  10. Oca
  11. Ponte, "De ponte a ponte", vou subido nun flotador.
  12. Collo unha boliña de papel e golpéoa de man a man, durante un minuto. Se me cae sigoo intentando.
  13. O pozo, pérdense 2 turnos sin tirar.
  14. Saltar á pata coxa durante 30 segundos. Pódes cambiar de perna.
  15. Oca
  16. Retar a alguén da familia.
  17. Indiaca, elexir parella e pasarvos a bóla de papel golpeándoa con calquera man, durante 1 minuto. 
  18. Saltar cos pés xuntos cara adiante e cara atrás, durante 30 segundos.
  19. Dar 5 volteretas.
  20. Oca
  21. Bailar o "zumba kids, Easy dance"
  22. Laberinto, retrocede á casiña 12.
  23. "Xeonllos arriba" durante 30 segundos.
  24. Raquetas de praia, non podemos xogar con elas. Entón fai a "estatua" ata que che toque tirar de novo.
  25. Oca
  26. Caveira, volve a empezar.
  27. Elixe parella, tumbados de frente boca abaixo, apoidos nas mans e nas dedas dar palmadas alternativas cunha e outra man.
  28. Pelota de tenis: colle unha boliña e pásaa ao redo das pernas facendo oitos, ao redor da cintura e ao redor do pescozo. Repetir durante un minuto.
  29. Elexir un reto da semana pasada e facelo.
  30. Oca
  31. Pelota de baloncesto, colle unha papeleira e as seis bólas, colócate a unha certa distancia da papeleira. A ver cantas canastras fas durante 1 minuto.
  32. Camiña durante 30 segundos cun libro na cabeza.
  33. Dado, volve ao anterior e volve tirar.
  34. Aguanta durante 5 segundos o pau da escoba en equilibrio na man.
  35. Oca.
  36. Colle unha chapa, fai o recorrido do pasillo ida e volta 5 veces.
  37. Saltos laterais cun coxín no medio, durante 30 segundos.
  38. Balón de fútbol, pon 5 obstáculos no pasillo e colle unha boliña de papel, pona no chan e vaina levando co pé entre os obstáculos. repíteo durante 30 segundos.
  39. Anda a 4 patas pola casa durante 30 segundos.
  40. PISCINA DE OCAS. FIN.Débese entrar nela co número exacto, do contrario retrocédense tantas casiñas como puntos sobren. Outra forma de chegar e se caes na oca do número 35. 
Os que faigades a vosa "Oca deportiva", gustariame que a gadarades para expoñellas en setembro.                                                                            

Comede san, bebede auga e movédevos.

Ánimo, apertas, bicos mil e ata a vindeira semana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario