domingo, 3 de mayo de 2020

Actividade física na casa 3

Ola de novo rapaces:
Iniciamos unha semana máis de confinamento, pero xa podedes sair unha horiña ao exterior.

Levades algo para xogar?

Algunhas suxerencias poden ser:
  • Balón para dar toques, pasalo con alguén ou xogar con el como vós ben sabedes.
  • Corda para saltar individual ou para saltar entre varios.
  • Patinete ou monopatín.
Recordade que tedes que manter as distancias de seguridade.

Suxerencias de actividades para a casa para todo o alumnado:

  • Se comprastes goma podedes facer un laberinto entre cadeiras  (poñédelles algo de peso xa que poden caer) para poder cruzar dun lado ao outro. Podedes competir entre vós, a ver quen o fai en menos tempo.  


  Outro exemplo de laberinto (pódese pegar con cinta adhesiva de carroceiro):




  • Podedes xogar con un trozo de goma entre dúas persoas entrelazándoa nos dedos.
  • Podedes levar a goma á rúa e xogar con ela. Preguntade e buscade maneiras e cancións.
  •  Se non comprastes goma, un video de Ioga

                                             

  • Cando vos despracedes pola casa podedes facelo levantando as rodillas hacia o peito e levantando os talóns hacia os glúteos.
  • Repetide circuitos de outros días que vos gustaran.

Facede exercicio cada pouco tempo.

Recordade ver o programa da TVG "En forma na casa" de 12:45 a 13:15 e facer os exercicios.

Nas vosas saídas recollede algunha pedriña plana que a vindeira semana pintaremos "unha mariola" no chan.

Comede san, bebede auga e movédevos.

Ata a vindeira semana, a ver se facedes algunha actividade e a ver se vos gustan.



1 comentario:

  1. Bos días!!! Por aquí todo ben, pouco a pouco imos facendo todas as propostas e tarefas desta evaluación tan atípica. Enviarémosche un vídeo ou collage con tódalas actividades, máis que nada para ver un pocuco aos teus alumnos que sei que todos os botades de menos.
    Noraboa polo traballo.
    Bicos e apertas,
    Aroa, Eneko e María

    ResponderEliminar