domingo, 17 de mayo de 2020

Actividade física na casa 5

Semana do 18 ao 22 de maio

Ola de novo, como estades? Espero que sigades ben e disfrutando desa hora no exterior.
Avecíñase unha semana de bo tempo, daquela apetecerá moito máis sair e xogar coas amizades que vos atopedes, botar un partidiño na praia ou mesmamente recoller cunchas.

RECORDADE:

  • Estas actividades son para Infantil e Primaria e o que debedes variar é o número de repeticións, a velocidade e a intensidade das mesmas.
  • Son de cooperación da unidade familiar.
  • Podedes seleccionar as que máis vos gustaron de días anteriores.
  • As actividades suxeridas son para todos os días da semana, xa que debedes facer exercicio cada hora e durante uns 15 minutos.
  • Cando saides podedes levar:
* Balón de fútbol para xogar individual, coa familia que vos acompaña ou para un partidiño cuns amigos gardando as distancias aconselladas.
* Pelota par xogar ao brilé, tamén gardando as distancias.
* Corda, goma... Se recopilades ou vos acordades dalgunha canción podedes enviarma para compartila no blog.

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA

  •  Ping pong na mesa da cociña. Se non tedes raquetas podedes facelas con cartón o máis duro posible ou pegando varios. Tamén vos serve de raqueta a sartén de fritir os ovos.😀😀😀😀

  • Acordástesvos dos peóns? Se non vos acordastes poñédevos a buscalos e a xogar con eles!!!!!. 
  • Un video de exercicios fáciles:

                                                

  •   Un video de ioga:

                                             
  • Acordádevos do programa da TVG "En forma na casa" de 12:45 a 13:15.
  •  Un video de zumba para rematar:
                                                               

Acordádevos de por música cando faigades as actividades.

Podedes enviarme algunha foto para compartir.

Comede san, bebede auga e movédevos.

Bicos mil 😘😘 e ata a vindeira semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario